Sunday 28 de April de 2024

Adxudicada a pavimentación e renovación da rede de abastecemento e pluviais en camiños de Campanario, Murela e Fontao


Os traballos iniciaranse nos próximos días.

O Concello de Cariño vén de adxudicar o proxecto para pavimentar os camiños de Campanario, Murela e Fontao. Unha actuación adxudicada por 58.080 euros, financiada a través do Plan Único da Deputación dá Coruña, que tamén permite renovar a rede de abastecemento e pluviais nestes puntos.
Os traballos nestes camiños, que comezarán nos próximos días, consisten na substitución dun tramo de tubaxe de abastecemento nos camiños de Campanario e Fontao, a mellora puntual da rede de pluviais no inicio do camiño de Campanario no entroncamento co camiño da Corredoira e, por último, a extensión dunha nova capa de aglomerado asfáltico nas tres vías obxecto de actuación.
O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, destacou a necesidade de “renovar o pavimento nestes camiños, moi transitados xa que dan servizo a estes núcleos da parroquia da Pedra” e que “permitirán tamén mellorar o servizo de auga potable e de recollida de pluviais aos veciños e veciñas da zona”.